A ORGANIZACIÓN

 

Orgullosos do noso

 

Os nosos eventos principales son a liga local de baloncesto Concello de Marín e torneo 4x4 40ners

 

O 40ners e o  torneo 4x4 para maiores de 40 que se xoga o 17 de maio, "día das letras galegas" este torneo vai medrando ano tras ano, os que veñen repiten, todo son elogios a este este evento. 

 

A MARÍN BASKET  é a denominación do campionato de liga local de Baloncesto popular que celebramos en Marín cada ano entre outubro e xullo no cal participan equipos da Vila e arredores.

 

A liga Marin Basket vincúlase a vila de Marín dun xeito indiscutible, onde é evidente que a paixón polo baloncesto, a todo nível posible, é un feito sen parangón na provincia. A Marín Basket conta coa inestimable colaboración do Excmo. Concello de Marín, en canto a dotación de instalacións e trofeos.

O obxectivo da Liga MB é desenvolver unha competición de baloncesto popular e amateur dun xeito estable e procurando aportar certo valor social, pois no mesmo torneo están a participar xogadores deambos xéneros (fomento da igualdade), así como tamén hai que destacar o amplo abanico de idades ( existindo, por ende, unha manifesta convivencia inter-xeracional). Tamén é nosa intención vincular o nome da nosa vila no mapa do interese polo baloncesto popular.

Dende o primeiro salto inicial, no primeiro partido da nosa historia,a Liga non parou de medrar en todos os níveis: en canto a número de participantes, en canto a amplitude social, no tocante a acadar sponsorizacións aos equipos, na mellora do nível competitivo, etc, etc, etc… A nosa Liga xa se consolidou coma un referente e modelo a seguir noutros proxectos similares que están iniciando a súa andaina noutras cidades e vilas galegas.

Apostamos por un concepto chamado “cultura do baloncesto popular”. Nós creemos que o baloncesto é para practica-lo: hai que “suar a camisola” , ir as canchas a xogar, nos pavillóns e tamén nas rúas. Dentro de esa filosofía tamén poñemos especial énfase en que realmente calqueira idade é un bó momento!!

Nesta 9ª EDICIÓN, contamos coa participación de 10 equipos, provintes de varias localizacións cercanas a vila: Pontevedra, Poio, Bueu, Cangas do Morrazo, Moaña, Forcarei... Están a participar xogadores entre os 16 e os 55 anos, homes e tamén mulleres. Xógase nunhas boas instalacións (Pavillón San Narciso), que conta cun bo aparcadeiro e cunha bancada cómoda e de sobra suficiente para receber aos siareiros, que abofé cada ano vai medrando, por que constatamos que tamén vai medrando o interese dos afeizoados en xeral.

 

Xa estamos traballando na 10ª edición

MARIN BASKET MAIS QUE UNHA LIGA

 

 

 

 

O EQUIPO XESTOR DA LIGA NA ACTUALIDE ESTÁ CONFORMADO POR:

JOSÉ M. DOMÍNGUEZ

JOSÉ M. VIDAL

ALBERTO GOMÉZ

DAVID IGLESIAS

MANUEL MONTAÑA

JULIÁN MOREIRA

AGUS BALAGONES

 

Para obter mais información sobre cuestións organizativas ou da xestión da MARIN BASKET, ponte en contacto connosco a través do mail.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Nuestras Redes Sociales

Patrocinadores


 A liga Marin Basket vincúlase a vila de Marín dun xeito indiscutible, onde é evidente que a paixón polo baloncesto, a todo nível posible, é un feito sen parangón na provincia. A Marín Basket conta coa inestimable colaboración do Excmo. Concello de Marín, en canto a dotación de instalacións e trofeos.

Esta web utiliza cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.